Ola, son Frei Bieito, a mascota virtual do Centro de Interpretación da Ribeira Sacra e a Vida Monástica de San Pedro de Rochas, situado no concello de Esgos, na provincia de Ourense, en Galicia.
Douvos a benvida e invítovos a percorrer este portal web no que poderedes coñecer a Ribeira Sacra e os seus mosteiros, é o lugar de Europa con maior concentración de mosteiros, ademais de acceder a toda información que existe no Centro de Interpretación.
Mais o mellor, sen dúbida, é que vos acheguedes a visitar persoalmente este renovado Centro de Interpretación da Ribeira Sacra e a Vida Monástica de San Pedro de Rochas, punto de información e porta de entrada a este espectacular territorio de Galicia. Esperámosvos.