Centro de Interpretación da Ribeira Sacra e da Vida Monástica de San Pedro de Rocas
Mapa da Ribeira Sacra.

Mapa da Ribeira Sacra.

Ruta pola Ribeira Sacra

Mapa Ribeira Sacra

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Partimos do Centro de Interpretación da Ribeira Sacra e Vida Monástica de San Pedro de Rocas 1 en dirección a Luintra 2 (OU-509), alí podemos parar a contemplar o monumento dedicado ao afiador.

Continuamos ata Santo Estevo de Ribas do Sil 3 (OU-508) antigo mosteiro beneditino orixinario do século XÍO. É o máis grande dos mosteiros da Ribeira Sacra, hoxe en día Parador Nacional.
Pola mesma estrada dirixímonos a Parada do Sil, na aldea de Loureiro podemos coller o desvío ao embarcadoiro de Santo Estevo, 4 o catamarán da Ribeira Sacra fai o itinerario polo río Sil.  Continuando cara a Parada de Sil chegamos aos miradoiros da Columna e Cabezoás,  5 unha das panorámicas máis impresionantes do Canón do Sil.

Chegados a Parada del Sil, no inicio da vila hai un desvío á esquerda que leva ao Mosteiro de Santa Cristina de Ribas do Sil, 6 igrexa do século XII con interesante rosetón románico. Claustro do século XVI.
En Parada do Sil, así mesmo podemos ver o monumento ao barquilleiro, ou coller un camiño que nos leva aos Balcones de Madrid, 7 o miradoiro sen dúbida máis coñecido.

Dende Parada de Sil, collemos a estrada que nos leva a Vilariño Frío (OU-604) e despois dun quilómetro pola OU-536 en dirección a Castro Caldelas, desviámonos cara á dereita á vila de Montederramo (OU-604) alí poderemos visitar o Mosteiro de Santa María de Montederramo. 8 Fundado en 1124 por Dona Teresa de Portugal. No documento fundacional atopamos a 1ª mención á Rivoira Sacrata. Neste mesmo concello atopamos o Bidueiral de Montederramo, 9 un espazo natural de gran interese.
Podemos continuar ruta (OU-536) cara á vila de Castro Caldelas para coñecer o seu castelo. 10 Dirección a Abeleda (OU-903) pararemos no Mosteiro de San Paio, 11 unha xoia románica.

Regresando á estrada principal (OU-536) dirixirémonos en dirección Ourense ata Xunqueira de Espadanedo para contemplar o seu mosteiro renacentista.

Xa de regreso, na mesma estrada OU-536, debemos visitar a igrexa románica e o mosteiro renacentista barroco de Xunqueira de Espadanedo 12 e en Niñodaguia os seus afamados oleiros. 13
Outra opción para internarnos na Ribeira Sacra é pola N-120 ata os Peares. Punto de unión dos ríos Miño e Sil. Dende aquí podemos achegarnos á Peroxa (OU- 502) para gozar da tradicional feira os días 13 e 27 e dos restos do seu castelo. 14

 

Back to Top