O Mosteiro de San Pedro de Rocas
Concello: Esgos
Parroquia: Rocas
Dúas características fan de San Pedro de Rocas un lugar único: a súa antigüidade e o seu sistema construtivo.
O primeiro aspecto ven demostrado pola súa lápida fundacional, documento epigráfico do ano 573, mediante o cal San Pedro de Rocas convértese na construción cristiá máis antiga de toda Galicia, e unha das máis antigas de todo o Estado.
O segundo aspecto é, se cadra o que máis chama a atención. San Pedro nace en orixe a partires dunha cova escavada na rocha, constituíndo deste xeito a única igrexa rupestre de toda Galicia, e novamente unha das poucas que existe no Estado.
Dende a remota data de inicio da historia de San Pedro, o mosteiro pasará por numerosas situacións: o abandono total do conxunto no ano 716 por mor da invasión musulmá, a rehabilitación de Gemondo no século X, a chegada da época dourada nos séculos XII e XIII coa reedificación da igrexa e do mosteiro, a anexión a San Salvador de Celanova, o uso parroquial da igrexa.