O Mosteiro de San Salvador de Ferreira de Pantón
Concello: Pantón
Parroquia: Ferreira de Pantón
Este é o único mosteiro da Ribeira Sacra, no que hoxe en día continúa a vida monástica, posto que ao ser un mosteiro feminino, o inmoble non sufriu os efectos da exclaustración.
Coñecemos datos da orixe dúplice (convivindo monxes e monxas) de San Salvador a carón do século X. Sen embargo, xa no ano 1175 anexionouse ao Císter.
O amplo conxunto que se conserva na actualidade é froito das reformas levadas a cabo entre os séculos XVI e XVIII, coa excepción da igrexa que data do século XII. A época barroca é, polo tanto, de gran auxe construtivo, e o claustro, a fachada principal, as celas, a cociña e o valado que encerra todo o conxunto datan deste tempo.

