O Mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo
Concello: Xunqueira de Espadanedo
Parroquia: Xunqueira
O mosteiro de Xunqueira do Espadañedo nace cara o ano 1150 como casa de cóengos regulares de Santo Agustín, para entrar, poucos anos despois, na Orde do Císter. A adopción desta norma fai que todas as construcións, e en especial a súa igrexa, se rexan pola máis absoluta sobriedade ornamental.
Na igrexa, aínda que se poden ver varios estilos arquitectónicos diferentes, sobresae o románico, tanto no tipo de planta dividida en tres naves con tres ábsidas, coma na decoración dos seus capiteis. No interior tamén destacan varios retablos de Juan Angés e diverso material litúrxico.
No que atinxe ao mosteiro, por varios documentos sabemos que era de reducidas dimensións na etapa medieval, polo que a finais do século XVI decídese renovar e ampliar todo o conxunto.
Na actualidade o mosteiro é sede do concello e emprégase frecuentemente para diversos usos culturais.



