O Mosteiro de Santa María de Montederramo
Concello: Montederramo
Parroquia: San Cosme
Neste mosteiro fírmase un documento histórico que dará nome á actual Ribeira Sacra. O documento do ano 1124 denominaba rivoyra sacrata ao entorno do mosteiro e do río Mao. Aínda que na súa orixe foi rexido por monxes bieitos, a mediados do século XII incorpórase á Orde do Císter.
Na primeira parte do século XVI únese á Congregación de Castela, e reconstrúense, case desde o inicio, a totalidade dos inmobles (igrexa, claustros e demais dependencias monásticas). Desta reforma son os impresionantes claustros que se sitúan no lado sur da igrexa. O pulo definitivo acádase cando se instala un Colexio de Artes no mosteiro a finais do século XVI. A exclaustración do ano 1835 causa a ruína de todas as dependencias excepto a igrexa, á que se lle da un uso parroquial.
Nos primeiros anos 80 esta espazo foi rescatado do seu estado de ruínas e, unha vez rematados os traballos de restauración, comezou a ser empregado como colexio.
Como curiosidade algunhas das columnas ou paredes laterais do templo encóntranse lixeiramente inclinadas, debido ao terremoto producido en Lisboa en 1755.



