O Mosteiro de San Paio de Abeleda
Concello: Castro Caladelas
Parroquia: San Paio de Abeleda
San Paio de Abeleda foi un mosteiro edificado no século XII a uns dous quilómetros da localidade de Abeleda na provincia galega de Ourense.
Despois da desamortización de Mendizábal no século XIX foi abandonado ata que o adquiriu a casa de Alba en 1872. Os edificios monacais fóronse arruinando a través dos anos quedando só a igrexa románica aberta ao culto e dotada con retablos barrocos e neoclásicos. Na actualidade tamén a igrexa está abandonada e semi ruinosa. Foi vítima dun grande espolio de retablos e pezas arquitectónicas do claustro do mosteiro.
A portada é de arco lixeiramente apuntado, do tardorrománico. No seu interior mantivéronse vestixios orixinais de pintura nos capiteis, que foron mantidos durante séculos con repintes varios.


