O Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil
Concello: Nogueira de Ramuín
Parroquia: Santo Estevo
Santo Estevo é un dos mosteiros máis grandes e importantes de toda Galicia. As etapas construtivas do inmenso inmoble comezaron no século X, cando se edificou o mosteiro beneditino sobre un cenobio anterior, do século VI. Mais a época de esplendor de Santo Estevo chega entre os séculos XVI e XVIII, no que adquire unha grande influencia e convértese nun gran foco de poder. Os estilos arquitectónicos que contén o edificio son moi variados, e podemos ver importantes exemplos de arte románico, gótico, renacentista e barroco.
A Desamortización de Mendizábal puxo fin a este período e encerra ao mosteiro na máis absoluta das ruínas, como moitos outros mosteiros da nosa zona.
O impresionante inmoble conta cun total de tres claustros e unha magnífica igrexa, na que destaca o seu retablo pétreo do século XIII, que representa a Cristo cos seus apóstolos.
Dende 1923 está declarado Monumento Histórico Artístico, e na actualidade emprégase como Parador Nacional.



