O Mosteiro de San Vicenzo do Pino de Monforte de Lemos
Concello: Monforte de Lemos
Parroquia: San Vicenzo
As primeiras novas da existencia dun mosteiro no cume do monte de San Vicenzo do Pino datan do século IX. Sen embargo, todo o conxunto do mosteiro e igrexa que hoxe en día se adica a Parador Nacional é construída entre os sécalos XVI e XVII. A igrexa ten un esquema de planta de cruz latina, na que destaca o rebalo maior no que se representa o martirio de San Vicenzo. Por outra banda, o mosteiro remátase no ano 1669, sobresaíndo a nivel ornamental a portada principal e o claustro onde se sitúa un orixinal templete circular que esconde o alxibe situado debaixo do pavimento do claustro.



